| Roteiro | Texto do roteiro | Breve descrición | Número de elementos na lista: 38 |
|---|---|---|
| A cidade bañista | A cidade bañista [Iglesias, Bieito] | Literatura e Historia unidas no texto que o escritor ourensán Bieito Iglesias nos achega para introducírmonos na Auria de Blanco Amor. |
| A Comarca do Eume | A comarca do Eume [Veiga, Eva] | Coa súa prosa poética a escritora Eva Veiga guíanos polo patrimonio cultural e natural dos distintos concellos que conforman a Comarca do Eume. |
| Terras de Compostela | Terras de Compostela [Aleixandre, Marilar] | Quen foi Xoán Tuorum? Podemos abrir o paraugas en Compostela sempre que chove? Da man da escritora Marilar Aleixandre e das lendas compostelás, iniciamos a andaina desde a cidade medieval até a actualidade.
|
| Terra de Iria-Terra de Rosalía de Castro | Terra de Iria-Terra de Rosalía de Castro [Angueira, Anxo] | O escritor Anxo Angueira toma como punto de partida a Casa-Museo de Rosalía para nos iniciar no percorrido pola Terra de Iria. |
| Un mundo que se chama A Coruña | Un mundo que se chama A Coruña [Rabuñal, Henrique] | Baixo a luz da Torre de Hércules (Patrimonio da Humanidade, 2009) e coa escrita de Henrique Rabuñal, percorremos os distintos tempos históricos da cidade de A Coruña. |
| Se na Cidade das Luces do Atlántico, un viaxeiro... | Se na Cidade das Luces do Atlántico, un viaxeiro... [Loureiro, Ramón] | Descubrimos Ferrol, cidade portuaria da Ilustración e modelo de arquitectura e urbanismo, co escritor Ramón Loureiro. |
| A Terra do Medio | A Terra do Medio [Vázquez Pintor, Xosé] | Xosé Vázquez Pintor rende homenaxe á súa Terra do Medio cun retrato intimista de distintos concellos. No percorrido polo cerne da Gallaecia, agroma a memoria de infancia e xuventude do escritor.
|
| Terras de Cambados | Terras de Cambados [Caride, Ramón] | Percorremos coa escrita do escritor Ramón Caride a vila de Cambados, formada pola fusión de tres núcleos urbanos, orixinariamente independentes: o barrio señorial de Fefiñáns, o barrio mariñeiro de Santo Tomé do Mar e Cambados, o centro administrativo. O autor convídanos a descubrir a vila a través da pedra, do mar, das xentes e lendas... |
| Terras do Baixo Miño | Baixo Miño [Dacosta, Marta] | Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia son sinónimos do Baixo Miño. Percorremos, coa escritora Marta Dacosta, estes lugares ligados pola súa proximidade xeográfica e cultural ao noso país veciño, Portugal. |
| Terras do Carballiño | Terras do Carballiño [Fernández Fernández, Miguel Anxo] | O roteiro literario que nos ofrece o escritor Miguel Anxo Fernández convértese nunha homenaxe, entre literaria e informativa, ás Terras do Carballiño. |
| Costa da Morte | Costa da Morte [Fernández Naval, Francisco X.] | Na Europa occidental non existen cantís máis elevados nin formas máis variadas e caprichosas que as deste extremo da Galiza. Envolto no misterio e sorteando as lendas, arrinca o roteiro do escritor Francisco X. Fernández Naval pola Costa da Morte. |
| Os mosteiros de Galicia | Os mosteiros de Galicia [Villares, Ramón] | O profesor Ramón Villares preséntanos o mapa dos mosteiros galegos como pedra angular na formación da civilización galega dos tempos medievais e modernos. |
| A Ilustración galega, século XVIII | A Ilustración galega, século XVIII [Carballo, Francisco] | Francisco Carballo profundiza no proxecto ilustrado en Galiza ao través dos seus persoeiros e colectivos. |
| Poesía da posguerra | Poesía da posguerra [Cabana, Darío Xohán] | O escritor Darío Xohán Cabana achéganos a produción poética galega da posguerra. |
| Polo corazón da Terra | Polo corazón da Terra [Valcárcel, Xulio L.] | O escritor Xulio L. Valcárcel lévanos a coñecer os distintos concellos das comarcas de Lugo, A Ulloa e Chantada. |
| Terra Chá | Terra Chá [Cabana, Darío Xohán] | Viaxamos, da man do escritor Darío Xohán Cabana, polos concellos da Terra Cha de Manuel María. |
| Fisterrra | Fisterra [Fraga, Modesto] | Modesto Fraga desvélanos os misterios e as luces da fin da terra. Coñeceremos a súa arquitectura, xeografía e xentes nunha viaxe por Fisterra. |
| O teatro galego | O teatro galego [Rabuñal, Henrique] | O teatro galego, desde A fonte do xuramento até os nosos días, examinado polo escritor Henrique Rabuñal. |
| Breve historia da literatura galega | Breve historia da literatura galega [Queixas, Mercedes] | A profesora Mercedes Queixas Zas ofrécenos un panorámica da literura galega desde a época literaria medieval até a actual. |
| A literatura medieval | A literatura medieval [Vilavedra, Dolores] | Repasamos, coa escritora Dolores Vilavedra, a produción poética medieval que fixo que o galego chegase a ser empregado como lingua de creación literaria no ámbito peninsular. |
| Breve historia da lingua galega | Breve historia da lingua galega [Freixeiro Mato, Xosé Ramón] | O profesor Freixeiro Mato fai un estudo da historia da lingua galega, desde a súa orixe até o século XX. |
| O Reino de Galicia | O Reino de Galicia [López Carreira, Anselmo] | O profesor Anselmo López Carreira afonda na historia medieval de Galiza. Con el, iremos do Galliciense Regnum até o advenimento do Estado Moderno a finais do século XV. |
| A poesía galega e as vangardas do século XX | A poesía galega e as vangardas do século XX [Villar, Miro] | Facemos unha travesía, da man do escritor Miro Villar, polos diferentes ismos da literatura galega. |
| Vigo literario | Vigo literario [Forcadela, Manuel] | Co escritor Manuel Forcadela percorremos Vigo, a cidade que inspirou a Martín Códax e onde viu a luz a primeira edición de Cantares Gallegos. |
| Lendas e mitoloxía popular galega | Lendas e mitoloxía popular galega [Miranda, Xosé] | Conto, lenda ou mito? O escritor Xosé Miranda acláranos as diferenzas entre estes xéneros narrativos e mergúllanos nos mundos máxicos da literatura oral galega.
|
| A literatura do exilio | A literatura do exilio [Axeitos, Xosé Luís] | O profesor Xosé Luís Axeitos Agrelo repasa a produción literaria galega do exilio. |
| A literatura galega na II República | A literaruta galega na II República [Mato Fondo, Miguel A.] | O profesor Miguel A. Mato Fondo profunda na literatura da II República, 1931-1936, como continuadora das propostas temáticas e estéticas dos anos vinte. |
| Santiago: por escenarios do mito, da arqueoloxía e da historia xacobea | Santiago: por escenarios do mito, da arqueoloxía e da historia xacobea [Senén, Felipe] | Felipe Senén, arqueológo e escritor, pasea polas pegadas arqueolóxicas e míticas dun santo que, desde o seu sartego, pasou de patriarca pousón, merecedor de apertas iniciáticas, a guerreiro adaliz matamouros, cando non a mataindios... |
| O Rexurdimento | O Rexurdimento [Lama López, María Xesús] | A investigadora María Xesús Lama afonda no período do Rexurdimento e nas súas principais figuras. |
| A Xeración Nós | A Xeración Nós [Fernández Pérez-Sanjulián, Carme] | A profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián explica o papel fundamental que tivo o Grupo Nós, como proxecto cultural colectivo, no mundo cultural galego. |
| Seguindo o recendo das mazás | Seguindo o recendo das mazás [Novo, Isidro] | Isidro Novo guíanos nunha andaina por Lugo e arredores como se fósemos visitantes que se achegan por vez primeira a estas terras de aromas e historia. |
| Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo | Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo [Requeixo, Armando] | Viaxar a Mondoñedo da man de Álvaro Cunqueiro é entrar noutra dimensión na que o espírito de Merlín e Sinbad e Ulises pode percibirse en cada un dos espazos vitais do escritor da vella capital do Reino de Galiza. |
| Rota pondaliana | Rota pondaliana [Ferreiro, Manuel] | Percorremos, da man dos profesores Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, as Terras de Bergantiños, Xallas e Soneira que se converten, na elaboración lírica pondaliana, en territorio mítico-poético. |
| O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar | O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar [Novo, Isidro] | Descubrimos O Courel, lendo os versos do poeta da Terra, da man de Isidro Novo. |
| De Ánxel Casal a Rosalía de Castro. Itinerario polas rúas de Compostela | De Ánxel Casal a Rosalía de Castro. Itinerario polas rúas de Compostela [Dacosta, Marta] | Marta Dacosta proponnos un paseo polas rúas de Compostela que non pasan polo Obradoiro, para vermos cos ollos da imaxinación a aqueles que habitaron un día Compostela e comprobarmos como a cidade deixou unha pegada indelébel nas escritoras e nos escritores de noso, que escolleron como escenario das súas obras as rúas compostelás. O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011. |
| Ruando por Compostela | Ruando por Compostela [Ruibal, Euloxio R.] | Co escritor Euloxio R. Ruibal percorremos as principais rúas da Compostela monumental facendo paradas para ler, recitar ou cantar nas prazas máis representativas da cidade. Soan versos trobadores composteláns alternados cos dos poetas máis recentes. E non só poetas, que tamén dramaturgos, narradores que fan oír a súa voz. O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011. |
| Da inclusa ao lavadoiro de Cornes | Da inclusa ao lavadoiro de Cornes [Aleixandre, Marilar] | Da man de Marilar Aleixandre seguimos, por Compostela, as pegadas de Rosalía de Castro. O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011. |
| Paseo desnortado e admirado por Compostela | Paseo desnortado e admirado por Compostela [López Silva, Inma] | Tomamos, coa escritora Inma López Siva, como punto de partida a estatua de Rosalía de Castro para iniciarmos o percorrido pola Compostela da súa infancia. |

