Quero recuperar os roteiros que cumpran o seguinte:
Escritor/a
Que conteñan
Palabras clave
RoteiroTexto do roteiroBreve descrición
Número de elementos na lista: 45
A Comarca do Eume
A comarca do Eume
[Veiga, Eva]

Coa súa prosa poética a escritora Eva Veiga guíanos polo patrimonio cultural e natural dos distintos concellos que conforman a Comarca do Eume.

Terras de Compostela
Terras de Compostela
[Aleixandre, Marilar]

Quen foi Xoán Tuorum? Podemos abrir o paraugas en Compostela sempre que chove? Da man da escritora Marilar Aleixandre e das lendas compostelás, iniciamos a andaina desde a cidade medieval até a actualidade.
 

 

Un mundo que se chama A Coruña
Un mundo que se chama A Coruña
[Rabuñal, Henrique]

Baixo a luz da Torre de Hércules (Patrimonio da Humanidade, 2009), e coa escrita de Henrique Rabuñal, percorremos os distintos tempos históricos da cidade de A Coruña.

A cidade bañista
A cidade bañista
[Iglesias, Bieito]

Literatura e Historia unidas no texto que o escritor ourensán Bieito Iglesias nos achega para introducírmonos na Auria de Blanco Amor.
 

Terra de Iria-Terra de Rosalía de Castro
Terra de Iria-Terra de Rosalía de Castro
[Angueira, Anxo]

O escritor Anxo Angueira toma como punto de partida a Casa-Museo de Rosalía para nos iniciar no percorrido pola Terra de Iria.

Terras de Cambados
Terras de Cambados
[Caride, Ramón]

Percorremos coa escrita do escritor Ramón Caride a vila de Cambados, formada pola fusión de tres núcleos urbanos, orixinariamente independentes: o barrio señorial de Fefiñáns, o barrio mariñeiro de Santo Tomé do Mar e Cambados, o centro administrativo. O autor convídanos a descubrir a vila a través da pedra, do mar, das xentes e lendas...

Fisterrra
Fisterra
[Fraga, Modesto]

Modesto Fraga desvélanos os misterios e as luces da fin da terra. Coñeceremos a súa arquitectura, xeografía e xentes nunha viaxe por Fisterra.

Se na Cidade das Luces do Atlántico, un viaxeiro...
Se na Cidade das Luces do Atlántico, un viaxeiro...
[Loureiro, Ramón]

Descubrimos Ferrol, cidade portuaria da Ilustración e modelo de arquitectura e urbanismo, co escritor Ramón Loureiro.

Seguindo o recendo das mazás
Seguindo o recendo das mazás
[Novo, Isidro]

Isidro Novo guíanos nunha andaina por Lugo e arredores como se fósemos visitantes que se achegan por vez primeira a estas terras de aromas e historia.

Terras do Baixo Miño
Baixo Miño
[Dacosta, Marta]

Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia son sinónimos do Baixo Miño. Percorremos, coa escritora Marta Dacosta, estes lugares ligados pola súa proximidade xeográfica e cultural ao noso país veciño, Portugal.

Terras do Carballiño
Terras do Carballiño
[Fernández Fernández, Miguel Anxo]

O roteiro literario que nos ofrece o escritor Miguel Anxo Fernández convértese nunha homenaxe, entre literaria e informativa, ás Terras do Carballiño.

Polo corazón da Terra
Polo corazón da Terra
[Valcárcel, Xulio L.]

O escritor Xulio L. Valcárcel lévanos a coñecer os distintos concellos das comarcas de Lugo, A Ulloa e Chantada.

A Terra do Medio
A Terra do Medio
[Vázquez Pintor, Xosé]

Xosé Vázquez Pintor rende homenaxe á súa Terra do Medio cun retrato intimista de distintos concellos. No percorrido polo cerne da Gallaecia, agroma a memoria de infancia e xuventude do escritor.

 

Terra Chá
Terra Chá
[Cabana, Darío Xohán]

Viaxamos, da man do escritor Darío Xohán Cabana, polos concellos da Terra Cha de Manuel María.

Costa da Morte
Costa da Morte
[Fernández Naval, Francisco X.]

Na Europa occidental non existen cantís máis elevados nin formas máis variadas e caprichosas que as deste extremo da Galiza. Envolto no misterio e sorteando as lendas, arrinca o roteiro do escritor Francisco X. Fernández Naval pola Costa da Morte.

Os mosteiros de Galicia
Os mosteiros de Galicia
[Villares, Ramón]

O profesor Ramón Villares preséntanos o mapa dos mosteiros galegos como pedra angular na formación da civilización galega dos tempos medievais e modernos.

Santiago: por escenarios do mito, da arqueoloxía e da historia xacobea
Santiago: por escenarios do mito, da arqueoloxía e da historia xacobea
[Senén, Felipe]

Felipe Senén, arqueológo e escritor, pasea polas pegadas arqueolóxicas e míticas dun santo que, desde o seu sartego, pasou de patriarca pousón, merecedor de apertas iniciáticas, a guerreiro adaliz matamouros, cando non a mataindios...

A Ilustración galega, século XVIII
A Ilustración galega, século XVIII
[Carballo, Francisco]

Francisco Carballo profundiza no proxecto ilustrado en Galiza ao través dos seus persoeiros e colectivos.

Poesía da posguerra
Poesía da posguerra
[Cabana, Darío Xohán]

O escritor Darío Xohán Cabana achéganos a produción poética galega da posguerra.

O teatro galego
O teatro galego
[Rabuñal, Henrique]

O teatro galego, desde A fonte do xuramento até os nosos días, examinado polo escritor Henrique Rabuñal.

A literatura medieval
A literatura medieval
[Vilavedra, Dolores]

Repasamos, coa escritora Dolores Vilavedra, a produción poética medieval que fixo que o galego chegase a ser empregado como lingua de creación literaria no ámbito peninsular.

Breve historia da literatura galega
Breve historia da literatura galega
[Queixas, Mercedes]

A profesora Mercedes Queixas Zas ofrécenos unha panorámica da literatura galega desde a época literaria medieval até a actual.

Vigo literario
Vigo literario
[Forcadela, Manuel]

Co escritor Manuel Forcadela percorremos Vigo, a cidade que inspirou a Martín Códax e onde viu a luz a primeira edición de Cantares Gallegos.

Breve historia da lingua galega
Breve historia da lingua galega
[Freixeiro Mato, Xosé Ramón]

O profesor Freixeiro Mato fai un estudo da historia da lingua galega, desde a súa orixe até o século XX.

O Reino de Galicia
O Reino de Galicia
[López Carreira, Anselmo]

O profesor Anselmo López Carreira afonda na historia medieval de Galiza. Con el, iremos do Galliciense Regnum até o advenimento do Estado Moderno a finais do século XV.

A literatura galega na II República
A literaruta galega na II República
[Mato Fondo, Miguel A.]

O profesor Miguel A. Mato Fondo profunda na literatura da II República, 1931-1936, como continuadora das propostas temáticas e estéticas dos anos vinte.

A literatura do exilio
A literatura do exilio
[Axeitos, Xosé Luís]

O profesor Xosé Luís Axeitos Agrelo repasa a produción literaria galega do exilio.

A poesía galega e as vangardas do século XX
A poesía galega e as vangardas do século XX
[Villar, Miro]

Facemos unha travesía, da man do escritor Miro Villar, polos diferentes ismos da literatura galega.

Lendas e mitoloxía popular galega
Lendas e mitoloxía popular galega
[Miranda, Xosé]

Conto, lenda ou mito? O escritor Xosé Miranda acláranos as diferenzas entre estes xéneros narrativos e mergúllanos nos mundos máxicos da literatura oral galega.

 

A Xeración Nós
A Xeración Nós
[Fernández Pérez-Sanjulián, Carme]

A profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián explica o papel fundamental que tivo o Grupo Nós, como proxecto cultural colectivo, no mundo cultural galego.

O Rexurdimento
O Rexurdimento
[Lama López, María Xesús]

A investigadora María Xesús Lama afonda no período do Rexurdimento e nas súas principais figuras.

Rota pondaliana
Rota pondaliana
[Ferreiro, Manuel]

Percorremos, da man dos profesores Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, as Terras de Bergantiños, Xallas e Soneira que se converten, na elaboración lírica pondaliana, en territorio mítico-poético.
 

Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo
Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo
[Requeixo, Armando]

Viaxar a Mondoñedo da man de Álvaro Cunqueiro é entrar noutra dimensión na que o espírito de Merlín e Sinbad e Ulises pode percibirse en cada un dos espazos vitais do escritor da vella capital do Reino de Galiza.

O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar
O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar
[Novo, Isidro]

Descubrimos O Courel, lendo os versos do poeta da Terra, da man de Isidro Novo.

Da inclusa ao lavadoiro de Cornes
Da inclusa ao lavadoiro de Cornes
[Aleixandre, Marilar]

Da man de Marilar Aleixandre seguimos, por Compostela, as pegadas de Rosalía de Castro.

O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011.

Ruando por Compostela
Ruando por Compostela
[Ruibal, Euloxio R.]

Co escritor Euloxio R. Ruibal percorremos as principais rúas da Compostela monumental facendo paradas para ler, recitar ou cantar nas prazas máis representativas da cidade. Soan versos trobadores composteláns alternados cos dos poetas máis recentes. E non só poetas, que tamén dramaturgos, narradores que fan oír a súa voz.

O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011.

De Ánxel Casal a Rosalía de Castro. Itinerario polas rúas de Compostela
De Ánxel Casal a Rosalía de Castro. Itinerario polas rúas de Compostela
[Dacosta, Marta]

Marta Dacosta proponnos un paseo polas rúas de Compostela que non pasan polo Obradoiro, para vermos cos ollos da imaxinación a aqueles que habitaron un día Compostela e comprobarmos como a cidade deixou unha pegada indelébel nas escritoras e nos escritores de noso, que escolleron como escenario das súas obras as rúas compostelás.

O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011.

Paseo desnortado e admirado por Compostela
Paseo desnortado e admirado por Compostela
[López Silva, Inma]

Tomamos, coa escritora Inma López Siva, como punto de partida a estatua de Rosalía de Castro para iniciarmos o percorrido pola Compostela da súa infancia.
O texto deste roteiro é froito da colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago en 2010. A súa xeorreferenciación foi posíbel grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura e Turismo en 2011.

De Isorna a Fruíme, unha viaxe literaria polas beiras do Barbanza
De Isorna a Fruíme, unha viaxe literaria polas beiras do Barbanza
[Riveiro Coello, Antón]

O escritor Antón Riveiro Coello convídanos a facermos unha viaxe pola literatura galega polas beiras do Barbanza, sempre ao redor da serra.

Roteiro literario polas Mariñas de Oleiros
Roteiro literario polas Mariñas de Oleiros
[Seoane, Xavier]

Os múltiples enclaves das Mariñas de Oleiros permítennos gozar de aspectos culturais, artísticos, paisaxísticos e medio-ambientais.

Ruta Costa do Solpor. Primeira parte: Polos principais escenarios da Costa da Morte
Ruta Costa do Solpor
[Lema Suárez, Xosé María]

Faremos unha incursión pola Costa do Solpor (trasunto da Costa da Morte) e coñeceremos, máis polo miúdo, o territorio básico dos concellos de Fisterra, Muxía e Camariñas.

Ruta Costa do Solpor. Segunda Parte: a Ruta fóra da Costa da Morte
Ruta Costa do Solpor
[Lema Suárez, Xosé María]

Faremos unha incursión pola Costa do Solpor (trasunto da Costa da Morte) e coñeceremos, máis polo miúdo, o territorio básico dos concellos de Fisterra, Muxía e Camariñas.

Terra de Ordes: un océano de prados verdes
Terra de Ordes: un océano de prados verdes
[Vilar Landeira, Ramón]

O escritor Ramón Vilar Landeira propón facer unha viaxe rápida polas Terras de Ordes. Nación diminuta, en palabras do autor, que vai desde a Serra de Montemaior até as ribeiras do Tambre.

Pelegrinaxes I
- - -

Unha revisión da viaxe de Ourense a Santo André de Teixido feita por tres egrexios galegos no mes de xullo de 1927 e o valor actual do camiño. Autoría de X. Carlos Breixo Rodríguez.
 
Inclúe versións en castelán e inglés. 
 
Texto do roteiro: ver o pdf

Muros-Carnota: pedra, mar e luz
Muros-Carnota: pedra, mar e luz
[Fernández Naval, Francisco X.]

Esta proposta pretende, en palabras do autor, explicar un espazo a partir do testemuño das escritoras e escritores que recolleron en palabras a súa impresión dun territorio singular e fermoso que atesoura un importante patrimonio natural e cultural.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza de Creative Commons